Nós pertencemos a Xinzo de Limia e o noso Entroido son as PANTALLAS.
Qué fai unha Pantalla
As Pantallas,
como encargadas da orde nos días de Entroido, buscan aos veciños que
cometeron a erexía de sairen á rúa sen se disfrazar. Se é muller
acósana, brincando e bailando diante dela. Se é home, como seguramente é
un amigo, sentirase orgulloso de que o condeen a pagar unos viños na
tasca máis cercana, e as pantallas agradecidas botaranlle unha cantiga.
Unha Pantalla divírtese, corre, troulea, salta, brinca e sobre todo sufaldrea.
Que non debe facer unha Pantalla
Bater coas vexigas na xente.
Romper botellas e vasos na rúa.
Descubrir a cara (só dentro dos bares).
Pedir cartos (non é pobre para pedir limosna).
Abordar ou molestar a descoñecidos e forasteiros.
A Pantalla non desfila.
Se queredes ver a tradición da pantalla pinchade na imaxe:
MELLOR VELAS EN DIRECTO!!!