viernes, 28 de febrero de 2014

O NOSO ENTROIDO.

Quen somos? Onde vivimos?

Nós pertencemos a Xinzo de Limia e o noso Entroido son as PANTALLAS.


 

Qué fai unha Pantalla 
As Pantallas, como encargadas da orde nos días de Entroido, buscan aos veciños que cometeron a erexía de sairen á rúa sen se disfrazar. Se é muller acósana, brincando e bailando diante dela. Se é home, como seguramente é un amigo, sentirase orgulloso de que o condeen a pagar unos viños na tasca máis cercana, e as pantallas agradecidas botaranlle unha cantiga. 
Unha Pantalla divírtese, corre, troulea, salta, brinca e sobre todo sufaldrea.


 

Que non debe facer unha Pantalla

Bater coas vexigas na xente.
Romper botellas e vasos na rúa.
Descubrir a cara (só dentro dos bares).
Pedir cartos (non é pobre para pedir limosna).
Abordar ou molestar a descoñecidos e forasteiros.
A Pantalla non desfila.

 


Se queredes ver a tradición da pantalla pinchade na imaxe:

http://www.rtve.es/alacarta/videos/television/comando-actualidad-sin-verguenza-carnaval-xinzo-limia/1041576/

MELLOR VELAS EN DIRECTO!!!



0 comentarios:

Publicar un comentario